" />

Encontro de mulleres con discapacidade intelectual

O Encontro de Mulleres con Discapacidade Intelectual celebrarase entre o 24 ao 26 de setembro na Aldea do Mazo (Lugo), a través do del “pretendemos promover novos vínculos e alianzas entre mulleres nun ambiente formativo e lúdico. O escenario tampouco é casual: unha contorna natural coa que reivindicaremos a necesidade de visualizar ás mulleres do rural”.

As xuntanzas contarán cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir.

 O acto principal terá lugar o día 26 coa presentación da nova curtametraxe da Federación “Lilith“, unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, a intolerancia e o sufrimento das mulleres con discapacidade intelectual. Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a culpa, a infantilización a sexualidade ou o descoñecemento social que hai cara a discapacidade intelectual.

 A inscrición para participar neste encontro permanecerá aberta ata o vindeiro 16 de setembro, (inscrición que podedes atopar neste link) e deberá enviarse cumprimentada a areasocial@fademga.org

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo