" />

Entrega de diplomas aos alumnos do obradoiro de emprego de Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e Alcaldesa de Lugo xunto con outras autoridades entregaron hoxe os diplomas aos alumnos traballadores que participaron no obradoiro de emprego promovido polo Concello de Lugo.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 224.000 euros no proxecto, no que   traballaron 19 persoas, 16 delas alumnos que recibiron formación teórica e práctica en dúas especialidades: oito deles na de Produción fotográfica e a outra metade na de Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.

O obxectivo do obradoiro foi a promoción e posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do Concello de Lugo a través do emprego das tecnoloxías da comunicación e da información.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo