Entrega de diplomas aos alumnos que rehabilitaron o Mirador de Mondoñedo

A  Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, a Alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia e o Delegado da Xunta, Jose Manuel Balseiro entregaron este martes os diplomas aos alumnos participantes no Obradoiro da rehabilitación da 1º fase do Mirador de Mondoñedo. Unha iniciativa deseñada polo Goberno Provincial coa que se busca ofrecer formación e prácticas remuneradas a desempregados, facilitando a súa inserción no mercado laboral.

A Deputada remarcou que “grazas a este obradoiro de emprego, deseñado e planificado polo Executivo Provincial, 20 desempregados da nosa provincia traballaron  na reconversión desta infraestrutura dentro da aposta do Executivo da Deputación por poñer en valor o patrimonio provincial, dotándoo de uso público”.

 Participantes

 Os 20 desempregados que participaron neste Obradoiro realizaron un total de 1.440 horas de formación mediante diversos módulos. Os participantes foron concretamente 16 alumnos traballadores, 1 Director, 2 monitores e unha administrativa a media xornada. O obxectivo do mesmo foi capacitar aos alumnos no coidado e rehabilitación de edificios, así como proporcionar aos traballadores nova formación, e facilitar deste xeito a saída laboral destes operariosAdemais realizaron formación complementaria como sensibilización ambiental; alfabetización informática; inserción laboral e técnicas de emprego; prevención de riscos laborais, ou formación para a igualdade, entre outros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo