Especialistas de España e Portugal participan na xornada sobre enfermidades respiratorias

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, inauguraron hoxe a XLIV Reunión Anual SOGAPAR e a XXXI Reunión Galaico Duriense. Trátanse das dúas xornadas que organiza a Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, nas que neumólogos, profesores, enfermeiros e cirurxiáns de España e Portugal compartirán novos estudos, tratamentos e diagnósticos sobre as enfermidades respiratorias.

Terá lugar hoxe e mañá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e participarán máis de 120 persoas. No acto tamén participaron o Xerente da Estrutura de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo, CervoMonforte, Ramón Ares; o Presidente da Sociedade Galega de Pataloxía Respiratoria, Pedro Jorge Marcos; e o Presidente do Comité rganizador, Luís A. Pérez. O Goberno da Deputación e o Concello de Lugo colaboran con estas xornadas médicas cedendo o espazo para a celebración delas, con material e agasallos institucionais para os poñentes, e promocionando e difundindo o evento por toda a provincia.

Vidal Baamonde subliñou que “é un privilexio poder contar na provincia de Lugo, durante esta
fin de semana, con expertos e especialistas de España e Portugal no eido das enfermidades relacionadas co aparello respiratorio, para abordar as novidades relacionadas con estas patoloxías. Dende o Goberno da Deputación colaboramos con estas xornadas médicas coa finalidade de visibilizar, impulsar e apoiar a investigación das doenzas relacionadas coa respiración, pois en España, no último ano, aumentaron nun 18% os falecementos por enfermidades do sistema respiratorio, sendo a causa de falecemento que máis incrementou. Esta porcentaxe descendería corrixindo factores de risco e tendo unha maior prevención, por exemplo, non fumar, facer exercicio diario ou manter unha dieta equilibrada.”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen felicitou e agradeceu aos profesionais tanto do hospital lugués como da Fundación da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria, Neumoloxía e Cirurxía Torácica a organización en Lugo desta reunión anual, remarcou a importancia deste tipo de citas, xa que contribúen tanto a mellorar o coñecemento e
diagnóstico das enfermidade respiratorias, como á busca de tratamentos máis efectivos para a súa curación e a mellora da calidade de vida das miles de persoas que padecen esta afección.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com