Milla espera facer un bo papel na eliminatoria de Copa del Rey frente á SD Ponferradina

Luis Milla retoma a actualidade do CD Lugo, e comparecía no día de hoxe na previa do choque de Copa do Rei que o equipo afrontará mañá no Toralín fronte á SD Ponferradina. O técnico considera auga pasada a derrota fronte ao Córdoba CF, aínda que asegura que o equipo está a extraer valiosas conclusións do revés sufrido.

Subliña a importancia de continuar vivos na competición do KO, e por iso non dubida en afirmar que dispoñerá de dous onces de garantías para disputar os compromisos de mércores e domingo, respectivamente.

“Seguimos con Fernando Veiga e Iriome fose. O resto está dispoñible, Joselu e Pita adestraron ben, sen problema. A Ponferradina é un equipo moi estruturado, con moita pegada arriba, organizado e que vén traballando coas mesmas ideas desde hai tempo. Vai ser un partido moi complicado, pero é unha competición que nos fai ilusión”.

“Imos xogala con ánimo de facelo ben. Quero ver a xente que leva menos minutos, en liña do partido de Copa co Córdoba Cf. Aí é onde podes ver aos xogadores que poden entrar no once, como pasou con Carlos Hernández. Damos importancia á Copa, queremos facer un equipo competitivo para afrontala”

“A idea é que xogue Roberto. Non sei se estará ao cento por cento, pero o seu traballo e actitude foron fantásticos. Ten moita experiencia, é un xogador que debe ser dos exemplares e quero darlle a importancia que ten. Temos un persoal na que todo o mundo está aberto a xogar se dá un paso adiante. Sabemos que temos un partido importante o domingo, aínda que o xoves temos que pelexar a Copa, estamos obrigados a facer dous equipos moi competitivos”

“Todo pasa por facer un bo papel e pasar de eliminatoria, e tamén por facer un partido fiable o domingo ante un Arabés que xa coñecemos. É un equipo moi duro. Imos reservar xogadores, quizá dobremos algún posto mañá. Con todo, serán equipos de nivel, e o domingo sairemos cun once similar ao visto ante o Córdoba CF. Este é o camiño, hai que axustar unha serie de cousas, pero é o que queremos”

“É bo que eles sintan a derrota. Cando traballas moito e fas un gran esforzo, consegues facer un bo partido, o feito de non conseguir o resultado chámache inmediatamente a corrixir cousas. Falamos, debemos ser máis duros. Temos que cambiar cousas, ser máis compactos nas transicións para defender, estar máis atentos. En Segunda División hai moitos equipos de nivel que non che perdoan algunhas situacións. As sensacións foron boas, pero hai que cambiar cousas para ser mellor equipo”

“Sería preocupante o feito de non xerar ocasións. Se non chegamos por fóra, se non creamos oportunidades, se non hai chegadas de gol. Se non tivésemos porcentaxe de posesión alto. Se non dominásemos moitas facetas do xogo, deberiamos preocuparnos. Non nos podemos quedar só co resultado, hai que mirar ao xogo. O xogo foi bo, foi convincente, aínda que sempre queremos mellorar”, concluíu Milla.

Asemade, hoxe tivo lugar a sinatura de patrocinio entre o clube lucense e a entidade Abanca unha temporada máis.

A lista de convocados, con todos os efectivos disponibles, facilitada polo cuadro técnico do CD Lugo para o partido da Copa del Rey de hoxe fronte á SD Ponferradina é a seguinte:

-PORTEROS: José Juan y Roberto.

-DEFENSAS: De Coz, Cendrós, C.Hernández, Manu, I.Puerto, Jon García, Dealbert y Caballé.

-MEDIOS: Pita, Campillo, Seoane, S.Marcos, Abel Molinero, D.López y Lemos.

-DELANTEROS: Caballero, Ferreiro, Igor Martínez, Pedrosa, Joselu y J.Pereira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com