Esta fin de semana celébrase o XI Clinic Lugo e Basket Hierros Ferreiro

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón organiza o XI Clinic Lugo e Basket Hierros Ferreiro o vindeiro domingo, 19 de xullo no Pazo Provincial dos Deportes. O Concello de Lugo colabora un ano máis con esta iniciativa, posto que se enmarca dentro do seu apoio a todas as actividades relativas á formación dos deportistas lugueses e adestradores, para mellorar tanto a súa calidade deportiva como educativa.

O XI Clinic Lugo e Basket Hierros Ferreiro arrancará ás 10:45 horas coa recepción dos participantes e a entrega de material. Nesta ocasión, tres entrenadores de baloncesto de gran prestixio a nivel nacional e internacional serán os relatores.

O adestrador da ACB, Gustavo Aranzana, o actual entrenador dos Mitsubishi Diamon Dolphins da liga xaponesa, Trifón Poch, e o adestrador lugués do Club Baloncesto Bregoán, Lisardo Gómez, darán nocións de exercicios para a mellora de lecturas no xogo e a toma de decisións e axustes durante os encontros. A toma de decisións en ataque e en defensa, exercicios para mellorar a defensa individual e os conceptos básicos defensivos son outros conceptos que estes entrenadores lles ensinarán aos participantes.

O custe da inscrición será de 30 euros, con descontos importantes para grupos. Para facer efectiva a inscrición chega con enviar os datos persoais a ajsc_lugo@hotmail.com, adxuntando o ingreso correspondente no nº de conta 2080- 0151-19-3040007121 de Abanca. A inscrición leva apararellada a convalidación de 8 horas federativas para adestradores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com