Esta semana os Codex Cinema estrean os filmes: “Fallen leaves” e “O libro das solucións”

Os Codex, abrirán, esta semana, a partir do mércores  e anuncian dúas novas estreas, “Fallen leaves” e “O libro das solucións”.

“Fallen leaves”, filme de Aki Kaurismäki,  foi 1º Premio Internacional do Xurado en Cannes é está nominada aos Premios Oscar. O filme que dende a súa presentación supuxo todo un éxito entre a crítica especializada, busca na comedia romántica minimalista a humanidade de Chaplin en tempos de guerra en Ucraína. Unha película marabillosa, bonita, divertida e cun gran corazón que transmite unha sensación de benestar.

Sinopse:  Ansa está solteira e vive en Helsinki. Traballa cun contrato de cero horas nun supermercado, repoñendo  os estantes; despois clasifica o plástico reciclable. Unha noite coñece accidentalmente ao traballador igualmente  solitario, Holappa, alcohólico. Contra todo pronóstico e malentendidos, tratan de construír unha relación. Como resultado, Holappa consegue controlar a súa adicción ao alcohol.

A outra estrea deste mércores “O libro das solucións”, é un filme dirixido por Michel Gondry,  tenra e melancólica sobre un home fráxil. Un filme con ideas brillantes, máxica e cómica.

Sinopse:  despois de pelexar cuns produtores que non entenden nada do seu traballo, Marc, un excéntrico director de cine, marcha coa súa película para rematala. Acompañado do seu fiel equipo, escóndese nunha pequena vila rural coa súa tía Denise, a súa mellor conselleira. Alí, a súa creatividade maniféstase nun millón de ideas que o mergullan nun estraño caos. Consumido pola súa neurose, Marc comeza a escribir “O libro das solucións”, unha guía de consellos prácticos que ben podería ter a resposta a todos os seus problemas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com