Este domingo celébrase a Limpeza Simultánea de ríos

A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 41 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados,
tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta décimo quinta edición.

A limpeza será o 25 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 41 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Lugo está prevista a limpeza en dous treitos do río Rato, na zona de Albeiros a limpeza é coordinada por ADEGA Lugo, e na zona da desembocadura no Miño, polas entidades UNED Lugo e Coidemos Lugo.
Os puntos de encontro para as limpezas son:
Río Rato (Zona de Albeiros): 10.30h diante do local de ADEGA en Ronda das Fontiñas 180.
Río Rato (Zona desembocadura): 11h no aparcadoiro do Parque do Miño na Tolda. Para participar na actividade neste treito é preciso inscribirse a través da ligazón https://extension.uned.es/acƟvidad/27843&codigo=XLSDP
Recoméndase ás participantes levar roupa e calzado axeitados, así como luvas de goma.

Para máis información, poden chamar ao 982240299 ou escribir a adegalugo@adega.gal.
As voluntarias serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Actualizouse a páxina web para a limpeza http://proxectorios.org/limpeza/ onde se especifica que é a limpeza, onde se celebrará, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e colaboradoras.

Voluntariado Ambiental:
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com