" />

Este sábado o Monte Segade convertese en circuíto de orientación

Esta maña presentouse no Salón de Plenos do Concello o XIV Trofeo El Progreso Cidade de Lugo de Orientación, que se celebrará o vindeiro sábado, 19 de marzo, nas inmediacións do Monte Segade. No acto, no que estiveron presentes o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o presidente do Club Fluvial, Tito Valledor e o directivo e un representante da sección de orientación do club, Manolo Castiñeiras e Pedro Parga, respectivamente, Fernández destacou “a capacidade de Lugo para seguir acollendo actividades deportivas, que ademais ofrecen un pleno contacto coa natureza. Trátase de actividades que conlevan a práctica de exercicio físico ao tempo que atraen a visita de participantes, familiares e seguidores, aumentando o potencial deportivo e turístico da nosa cidade” e incidiu “nas boas condicións do noso municipio para a práctica tanto deste como doutros tantos deportes, cun entorno envexable para a realización de actividades”

A celebración do XIV Trofeo El Progreso Cidade de Lugo de Orientación, arrancará ás 10:30 horas e reunirá na cidade a uns 400 participantes de 15 categorías diferentes–tanto masculina como feminina-, que recorrerán dende os 2,1 quilómetros ata os 8 quilómetros, cun desnivel entre os 95 e os 320 metros.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo