Este sábado terá lugar a sétima proba do XV Circuito Corre Con Nós

O XV Circuito Corre Con Nós celebra a súa sétima proba este sábado 16 de maio na zona da Feira de Exposicións de Lugo e na que se agarda reunir a preto de 1.500 corredores de todas as idades.

O circuito comeza coas carreiras para nenos e nenas dende as 17 horas con un trazado de 350 metros para os máis pequenos de cinco e seis anos. Ás 17.10 comeza a carreira de 800 metros para os nenos e nenas de 7 a 9 anos; a continuación será a de 1,6 kilómetros e por último ás 17.30 horas a dos nacidos entre 2000 e 2002 que terán que percorrer unha distancia de 1.850 metros,

A continuación comezará o circuito dos adultos que terá un percorrido de 5,8 quilómetros que combina terra e asfalto polo entorno do río Miño e que comezará ás 17.40 horas dende o Paseo Fluvial onde tamén se sitúa a liña de meta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com