" />

Eugenia Requeijo liderará o PP de Muras

Os afiliados do Partido Popular de Muras elixiron onte a Eugenia Requeijo para liderar o proxecto, “centrado nas persoas”, co que o PP busca recuperar a alcaldía nas próximas eleccións municipais do vindeiro ano. Durante unha xuntanza celebrada onte, na que participou a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, os afiliados da agrupación local aprobaron a candidatura desta técnico de informática, que encabezará a lista do PP “coa motivación de construír un proxecto conxunto, de todos para todos, que logre o apoio maioritario da veciñanza e que faremos escoitando aos nosos veciños e veciñas e implicándonos na achega de solucións as súas demandas”.

No transcurso da reunión, Elena Candia valorou e agradeceu o traballo que está a desenvolver o Grupo Municipal do Partido Popular no municipio, sempre involucrado dun xeito “moi entregado e destacable ao servizo das peticións dos veciños”. Uns agradecementos ao Grupo Popular aos que se sumou tamén a candidata popular, quen destacou que, “se aportaron ideas nos últimos tres anos e medio que, desafortunadamente, non contaron nos plenos co apoio do equipo de Goberno local. Iso si, despois presentaban outras propostas con ideas similares para colgarse as medallas”.

Elena Candia tamén trasladou a súa total confianza e respaldo á agrupación local e a Eugenia Requeijo “coñecedores das necesidades do municipio; persoas que apostan por este pobo e polo seu rural, convencidos de que o PP é a mellor forza política para impulsar o mellor futuro posible para a localidade, centrándose nos seus recursos e no seu  potencial”.

A candidata afronta “con ganas de traballar”, este novo reto de “compromiso con Muras e coas necesidades de tódolos veciños e veciñas”. Deste xeito, cre firmemente que “o Partido Popular é o que mellor pode defender os seus intereses como demostran, por exemplo, as políticas da Xunta de impostos cero no rural e de apoio ás persoas con dependencia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo