Evacuado en helicóptero un operario tras caer dun tellado en O Saviñao

Un traballador resultou ferido esta mañá no Saviñao despois de caer do tellado dunha obra. O sinistro tivo lugar nunha propiedade de Córneas, na parroquia de Vilaesteva.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente laboral ás 10:45 horas de hoxe, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios indicaron que estaban a mobilizar ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 deu conta dos feitos á Garda Civil.

O operario foi evacuado no helicóptero a un centro hospitalario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com