" />

A empresa Municipal Evislusa mantense saneada, estable e con superávit

O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (Evislusa) deu conta nunha reunión celebrada este mércores da xestión do pasado exercizo, onde se puxo de manifesto a situación económica saneada e estable desta entidade, que rematou o 2015 cun superávit de máis de 11.100 euros.

Na xuntanza, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, realizouse un balance das actuación levadas a cabo por Evislusa, onde destaca a xestión da ARI do Casco Histórico de Lugo, denominada actualmente Área de Rexeneración e Renovación Urbana do Casco Histórico de Lugo, onde foron reformadas preto de 250 vivendas nas últimas 7 fases. Neste encontro tamén se deu conta do programa municipal de axudas ao aluguer de vivendas, que dende o 2015 concedeu máis de 770 axudas, recibindo máis de 2.000 solicitudes.

O Consello de Administración tamén avanzou a previsión de actuacións para o 2016, que foron aprobadas no pasado decembro xunto ao orzamento da entidade, que ascende a 278.000 euros. Entre as actuacións máis destacadas atópase a elaboración de propostas para crear Áreas de Renovación e Rexeneración Urbanas (ARRUs, esto é, as antigas ARI), nas que teñan un especial peso as actuacións de eficiencia enerxética, na Milagrosa, a xestión das actuacións recollidas na 14ª fase da área de rehabilitación do centro histórico da cidade, a redacción do plan parcial de ordenación que permita a regularización e o desenvolvemento do polígono da Louzaneta, entre outros.

Como impulsora e autora da proposta, Evislusa encargarase en 2016 da coordinación do programa Lugo+Biodinámico, que contempla 3,5 millóns de euros para accións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, asemade, outro dos cometidos será a realización dun estudo técnico sobre a situación, accesibilidade e necesidades dos centro sociais situados nas antigas escolas rurais do municipio, así como un estudo para artellar un plan de mellora e creación de alternativas de lecer no entorno do río Miño.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo