" />

Exposición de táboas de Anxo Lamas na Biblioteca Provincial

Na Biblioteca Provincial de Lugo (Biblioteca Nodal), está aberta a exposición de táboas do artista Anxo Lamas, de Bazar (Castro de Rei), que ven de expoñerse na sala da Delegación Territorial da Xunta de Galicia. Desde Lugo viaxará por diversas cidades de Galicia, para espallar esta obra pictórica sobre vellas táboas que estaban destinadas ao lixo ou ao lume, ás que o artista lles proporciona unha segunda e definitiva vida.

A mostra está composta por 42 obras, do total de 64, cedidas polo artista á Asociación Xermolos e Irmandade Manuel María, para que no seu día poidan ser expostas permanentemente na futura Casa Museo do escritor Xosé María Díaz Castro, nos Vilares de Guitiriz, propiedade de Xermolos, que se pretende restaurar para poñer ao dispor de todos os galegos interesados na obra do escritor, e na Terra Chá en xeral.

Cada unha das táboas está dedicada a un escritor chairego, como homenaxe de Anxo Lamas á creación literaria chairega.

Estará aberta na Biblioteca Provincial (de 8,00 a 20,00 h.) ata finais do próximo mes de abril.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo