Falece un motorista nunha saída de vía en Viveiro

Un motorista perdeu a vida este mediodía ao saírse da vía o vehículo no que circulaba en Viveiro. O accidente ocorreu  no lugar de Portochao, ao fío das 12:45 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do sinistro ao 112 Galicia. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Viveiro e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

A pesar dos esforzos, os efectivos sanitarios desprazados nada puideron facer por salvarlle a vida ao condutor da moto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com