Feijóo, pide unir o voto no PP para que non haxa un novo incumprimento do PSOE

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que o próximo non sexa un novo incumprimento do PSOE, senón un Goberno que cumpre con Galicia.

Durante un mitin en Lugo, o líder dos populares galegos incidiu en que, “do mesmo xeito que España precisa dun goberno como o da Xunta, que goberna e toma decisións -o contrario do que fai o PSOE no Goberno central-; Galicia necesita dun Executivo de España que a respecte e a teña en consideración”.

O líder do PPdeG referiuse, tamén, aos orzamentos de Pedro Sánchez, que baixaban un 30% os investimentos na nosa Comunidade, fronte a outras nos que o subía un 60%; á situación de Alcoa, para a que o Goberno central aínda non presentou ningunha proposta; á falta de alternativas ante o posible peche da central térmica das Pontes; á negativa a entregar a totalidade dos 700 millóns de euros e, tamén, aos incumprimentos co AVE galego.

.Feijóo avogou porque “os españois transformen o cansazo, a fartura e a decepción en ganas de cambio nas urnas votando por todo o que os une e para que as cousas muden, xa”. Así, apuntou que se “os galegos unen o seu voto no Partido Popular o próximo 10 de novembro poñeráselle solución á inestabilidade política, á inacción ante a desaceleración, a unha campaña electoral permanente desde a Moncloa, aos reiterados incumprimentos con Galicia e á falta de solucións aos problemas xerados á nosa industria”.

O líder do PPdeG advertiu de que “coa división do voto, tal e como aconteceu nas últimas Eleccións Xerais, todos os españois perden. Por iso, avogou por unir as forzas para que España volva ter un Goberno que goberne e xestione, que se deba só aos españois e comprometido con

Segundo o líder do PPdeG, “o PSOE sabe que pode perder o vindeiro 10 de novembro, porque non ten xestión que defender nin tampouco ningún compromiso que reivindicar, polo que o único que lle queda é dividir para vencer”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com