" />

Ferida grave unha persoa nun choque frontal en Sober

Unha persoa resultou ferida grave esta tarde despois de colidir frontalmente dous vehículos, un coche e unha furgoneta,  que circulaban pola N-120, á altura do concello de Sober.

Varios particulares, sobre as 15:30 horas, alertaban ao 112 Galicia do accidente. Indicaban que se trataba dun choque frontal e que parecía grave. Foi nese momento, cando o 112 Galicia alertou decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Monforte e aos axentes de Tráfico. Ademais, ao ser unha zona limítrofe entre os concellos de Sober e Monforte, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil da localidade e  da Policía Local e Protección Civil de Monforte.

Debido á gravidade, ata o lugar tamén se desprazou  o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tras tomar terra no lugar dos feitos e, unha vez liberada a persoa polos Bombeiros do interior dun dos vehículos, trasladou ao ferido ata o Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Os Bombeiros confirmaron que no turismo viaxaban dúas persoas, das cales, unha delas resultou ferida grave. O outro ocupante resultou ferido leve.

Foi preciso cortar o tráfico dun carril da vía, habilitando o do outro sentido con tráfico alternativo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo