Feridas tres persoas nun accidente na recta de Teixeiro

Un accidente de tráfico rexistrado na N-640, á altura do quilómetro 83, ao seu paso pola parroquia de Teixeiro, saldouse con varias persoas feridas, entre elas unha muller que quedou atrapada nun dos vehículos.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 16:10 horas a través do sistema de emerxencia (eCall) dun dos coches implicados. Ao contactar co propietario, este confirmou que na colisión estaban involucrados tres vehículos e que el mesmo resultara ferido. Pouco despois, persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou do mesmo accidente, engadindo que unha persoa podería estar atrapada no interior dun dos turismos.

Con esta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizáronse aos Bombeiros de Lugo, á Garda Civil e á Policía Local.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que foi necesario empregar material de excarceración para liberar a unha muller atrapada nun dos vehículos. Pola súa banda, os servizos sanitarios trasladaron a tres persoas feridas ao hospital de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com