Ferido de gravidade un camioneiro tras envorcar o seu vehículo en Muimenta

Un camioneiro resultou ferido de gravidade logo de que o vehículo que conducía envorcase na estrada que une Vilalba con Meira, á altura de Muimenta. Segundo o servizo de emerxencias 112, foi un particular o que deu a voz de alarma contra a unha e media da tarde.

Até o lugar dos feitos acudiu o helicóptero medicalizado con base en Ourense, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Vilalba.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com