Ferido grave un traballador pola caída dunha árbore en A Fonsagrada

Os feitos tiveron lugar poucos minutos antes das once horas de hoxe, cando o 112 Galicia recibiu información da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Un traballador necesitou asistencia médica urxente debido á gravidade das lesións provocadas pola caída dunha árbore no concello da Fonsagrada.

Nada máis ter constancia do desprazamento da aeronave, tras recibir a chamada dos profesionais sanitarios, desde o 112 solicitouse a intervención dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos axentes da Garda Civil co obxectivo de colaborar cos profesionais sanitarios na atención do ferido.

Finalmente, a aeronave tomou terra nas proximidades do lugar do accidente, unha zona de monte no lugar de Ferreira de Abaixo, na parroquia de Freixo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com