Fernando Suárez de novo cabeza de lista á alcaldía de Ribadeo

Fernando Suárez repite como cabeza de lista do BNG á alcaldía de Ribadeo. A candidatura ao completo foi presentada esta mañá no Parador de Turismo. Suárez Barcia dixo na súa intervención que “todas e todos compartimos o mesmo norte: o noso amor por Ribadeo, polo noso país e por seguir facendo de Ribadeo esa estreliña, pequena, pero que xa se ve desde calquera parte do firmamento.

O primeiro en intervir no acto celebrado esta mañá no Parador de Turismo foi Pablo Vizoso, que subliñou “como xa ocorrera en ocasións anteriores somos a primeira candidatura que se presenta en Ribadeo e desto tamén deberíamos estar moi orgullosos. Por iso vou repetilo unha vez máis, somos a primeira candidatura que se presenta de forma completa en Ribadeo. E iso non é por casualidade. Iso é froito do traballo intenso que se leva facendo nos últimos meses e que hoxe se visualiza na lista que vos queremos presentar a continuación”.

E engadiu: “como di o noso lema Ribadeo coas ideas claras e precisamente como mostra da importancia de asentar para Galicia o modelo de goberno como o noso.

Pola súa banda, o alcalde e candidato á reelección, Fernando Suárez, dixo que “hoxe desvelamos moitas cousas. Respostamos moitas preguntas. ¿Por qué agora?.Porque agora é o momento. Os tempos non nolos marca ninguén senón nós mesmos. Desde o principio tiñamos claro como iamos facer as cousas. Non porque apareceran Feijoo para presentar a un candidato paracaidista hai uns días tiña eu que apurarme. Un Feijoo que non tivo tempo para vir en catro anos a Ribadeo a apoiar lexitimamente a un goberno lexitimo coma o noso en tantos e tantos temas nos que a Xunta desertou e non cumpriu a función que se esperaba dela: na auga, no saneamento, nas infraestruturas básicas, nos servizos sociais, na nova residencia, etc”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com