Eolicos

Fomento licita operacións de conservación e explotación de estradas en Lugo

O Ministerio de Fomento, segundo anunciou hoxe o Boletín Oficial do Estado, licitou o contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado, dentro da provincia de Lugo.

O importe do contrato licitado é de máis de 14 millóns de euros que serán distribuidos entre as diferentes estradas que se relatan a continuación:

Autovía A-8, kilómetros 505,945 (límite coa provincia de Asturias) a 593,04 (enlace coa A-6 en Baamonde).

N-634, kilómetros 555,4 (Ribadeo) a 640,4 (intersección coa N-VI en Baamonde).

N-640, kilómetros 13,3 (límite provincial con Asturias) a 60,6 (intersección coa LU-120 en Paraxes).

N-642, kilómetros 0,0 (intersección N-640 en Porto) a 10,8 (enlace coa A-8 en Ribadeo), y 26,9 (intersección coa N-364 en Barreiros) a 55,0 (San Cibrao).

Os contratos de servizos para a execución destas operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen o obxectivo de realizar os traballos de servizos de comunicacións, vixiancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de suministro de enerxía eléctrica, alumeado, señalización variable e semaforización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com