Fondos da UE e da Deputación para reducir a factura eléctrica de 38 concellos

A UE aportará 578.072,26€ procedente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), para reducir a factura eléctrica dos 38 concellos lucenses que se adheriron á iniciativa, pola súa banda a Deputación de Lugo, aportará 144.518,10€, co que o orzamento total do proxecto é de 722.590,36€. Esta foi a información  que o Presidente, José Tomé fixo no transcurso da Xunta de G0berno celebrada hoxe no pazo provincial

Esta iniciativa, dirixida aos municipios de menos de 20.000 habitantes, enmárcase “no obxectivo estratéxico da Deputación de cooperar cos Concellos para que poidan prestar servizos públicos eficientes á cidadanía aforrando custes”, subliñou o Presidente.

Grazas ao programa ILUMIN@, os Concellos recibirán unha axuda económica para o cambio de luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED en instalacións municipais, como por exemplo alumeados públicos, centros sociais, dependencias culturais ou deportivas. Renovaranse 3.195 puntos de luz, co que se reducirá o consumo en 450.217 quilovatios ao ano, de xeito que, en termos económicos, o aforro conxunto nos 38 concellos superará os 62.000€ anuais, o que supón un 63% da facturación eléctrica das instalacións nas que se actúa.

Para distribuír estes fondos a Deputación,  utilizou os seguintes criterios obxectivos: superficie, poboación, dispersión e esforzo fiscal.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo