" />

A Formación á Porta chega a 150 mozos de 8 concellos da provincia

A Xunta mellorará a cualificación de 150 mozos e mozas do rural de Lugo grazas ao programa Formación á porta. Deste xeito, o Goberno galego achegará os cursos para desempregados a oito localidades que non contan con centros homologados para impartilos. 

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, sinalou que esta medida forma parte do Sistema de Garantía Xuvenil e enmárcase no plan pioneiro de formación para desempregados específico para menores de 30 anos, que conta en Lugo cun orzamento de 516.200 euros para a celebración de 14 cursos -10 deles do programa Formación á porta e outros catro que terán lugar na capital-.

Os concellos beneficiarios son os de Abadín, Guitiriz, Ribadeo, Chantada, Mondoñedo, Castroverde, Baralla e Monterroso. Cada municipio disporá dun curso a excepción de Guitiriz e Ribadeo, que acollerán dous, e realizaranse en centros móbiles ou en lugares habilitados polos concellos.  

Segundo informou o delegado territorial, tamén integran este paquete de accións formativas catro cursos que se desenvolverán no concello de Lugo, dos que se poderán beneficiar outros 60 mozos e mozas desempregadosBalseiro subliñou que “a finalidade do Goberno galego é acercar a formación ao territorio, crear emprego estable e fixar poboación no rural”.

Os alumnos e alumnas recibirán, ao rematar o curso, un certificado de profesionalidade con validez en toda España. As accións formativas centraranse en actividades con maiores índices de inserción laboral e o uso de novas tecnoloxías, axustándose ás necesidades do tecido empresarial de cada zona. 

A iniciativa desenvólvese a través de axudas dirixidas aos centros formativos acreditados e/ou inscritos pola Xunta para ofrecer formación profesional para o emprego, xa sexan empresas, entidades sen ánimo de lucro ou concellos. Na provincia de Lugo encargaranse dos cursos seis empresas de formación, Cruz Vermella e a Asociación de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (Apetamcor).

A convocatoria ten un carácter bianual para favorecer a realización de cursos máis complexos e cun maior período de duración. Polo tanto, a cualificación será máis completa e ofrecerá, deste xeito, maiores oportunidades laborais e máis capacitación aos participantes. 

O Goberno galego, mediante o Sistema de Garantía Xuvenil, favorece o acceso ao mundo laboral dos mozos e mozas a través de catro eixos principais: a mellora da intermediación, da empregabilidade, incentivos á contratación e o fomento do emprendemento. Para apoiar á mocidade, a Xunta está a investir este ano 40 millóns de euros para formación, contratación e emprendemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo