" />

Fotografías de Inma Purriños homenaxean a Mirian Vázquez na delegación da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu o acto de inauguración oficial da exposición de fotografías da afamada artista Inma Purriños que serven como homenaxe a Mirian Vázquez. A mostra, de 32 fotografías, poderá visitarse ata o 4 de febreiro na sala de exposicións do edificio administrativo da Ronda da Muralla, onde permanecerá aberta entre as 9 e as 20 horas, de luns a venres.

“Probablemente esta é unha das exposicións máis emotivas de cantas se viron nesta sala” –recoñeceu Balseiro- “pero sentímonos orgullosos por acoller estas  imaxes que rememoran esa actitude positiva, valente, e o marabilloso sorriso que caracterizou a Mirian durante a súa vida e, moi en especial, na súa loita contra o cancro”

Balseiro animou á veciñanza de Lugo a visitar a exposición e significou a importancia de que meses despois da súa partida, “o exemplo e mensaxe de vida de Mirian siga moi presente na cidade que a quixo e a seguiu”

O delegado territorial quixo aproveitar a ocasión para gabar o traballo dos colectivos e do voluntariado que desenvolve a súa actividade en apoio á persoas e familias que batallan contra a enfermidade e significou a forza simbólica de Mirian “que nos empraza a construír unha sociedade máis solidaria e comprometida cos que necesitan o noso apoio”.

Inma Purriños, a autora das imaxes, é unha das máis afamadas fotógrafas de España e de feito atesoura numerosos recoñecementos pola súa traxectoria no mundo da fotografía, o máis recente, xunto coa súa irmán, tres novas nominacións aos premios Goya de fotografía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo