Francisco Conde participa na entrega dos premios “Semente de Monforte”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na entrega da segunda edición dos premios Semente de Monforte, e salientou aos galardoados como exemplo da “Galicia e o Monforte das ideas, porque son aqueles capaces de transformar a realidade dos lucenses e os galegos; de xerar riqueza e emprego facendo das ideas empresas; e de loitar contra a maneira na que se fan as cousas, os que levantarán o Monforte do futuro”.

 Conde gabou o papel que xogan, cara o mesmo obxectivo, os membros de Semente de Monforte, destacando o “compromiso colectivo co futuro da súa propia xente, sementando os cartos que deixou a Lotería do Neno e os que achegaron empresas de toda a comunidade para facer crecer árbores de emprego, de riqueza e de futuro”.

Os dous anos de traballo que a asociación ten ás súas costas, subliñou o conselleiro, xa están a dar os seus froitos. Neste senso, lembrou que un dos tres gañadores do ano pasado, E-Monte, avanzou a próxima posta no mercado da súa plataforma dixital de intermediación para a compra de madeira. “É a mostra de cómo aquel esforzo de 2014 paga a pena”, defendeu o conselleiro.

O  titular de economía, subliñou o apoio integral da Xunta a ese ecosistema emprendedor, eliminando as licencias municipais de actividade, activando a Unidade Galicia Emprende, impulsando a rede de Business Angels, poñendo en marcha a Oficina Doing Business para derrubar barreiras burocráticas, ou apoiando a creación de aceleradoras como Agrobiotech, cunha forte presenza nesta provincia, ou Vía Lugo.

Un esforzo que, sinalou, coa que a Xunta está a acompañar aos novos empresarios nos seus proxectos

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com