Francisco Conde visita a exposición itinerante “Biomasa na túa casa”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a exposición itinerante Biomasa na túa casa, que se poderá visitar ata mañá domingo, 11 de setembro, na explanada da Compañía, en Monforte de Lemos, “contribuirá a concienciar á cidadanía sobre as vantaxes de empregar esta fonte de enerxía en fogares e empresas como alternativa real aos combustibles fósiles”.

A mostra, organizada pola Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (Avebiom) e o Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) coa colaboración do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), percorrerá as catro provincias galegas. Así, tras a súa estadía na provincia de Lugo, desprazarase ás localidades da Estrada (Pontevedra), a Boiro, e Carballo, na provincia coruñesa; e por último, en Verín (Ourense).

Conde agradeceu o traballo realizado por Avebiom e IDAE para traer a Galicia esta mostra que axuda a consolidar as directrices fixadas na Estratexia Integral de Impulso á Biomasa para, a través desta enerxía limpa, impulsar o desenvolvemento das áreas rurais e do sector primario, favorecer a economía familiar e das pemes, xerar emprego cualificado e mellorar a calidade de vida da cidadanía.

O conselleiro indicou tamén que a biomasa ocupa a primeira posición en canto a fontes de orixe autóctona en Galicia, por diante do vento e da auga; unha enerxía que definiu como referente para incrementar a participación das renovables no mix enerxético e que teñan unha posición preponderante no mercado, contribuíndo así a eficiencia e o aforro enerxético en fogares, fábricas e na propia administración pública.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com