" />

Fruga culpa a empresas e Xunta da situación do sector leiteiro

As explotacións lácteas galegas están a sufrir un verdadeiro calvario como consecuencia dos baixos prezos. Segundo a Federación Rural Galega as empresas leiteiras están a facer o seu verdadeiro agosto, pagando o leite a prezos moi baixos, a 0,29 euros de media e ademais cando unha empresa deixa de recoller o leite dunha explotación, esta última non vai ter ningún tipo de garantía dunha futura recollida.  O sistema de contratos que se están a asignar entre explotacións e industrias, supoñen no fondo unha aceptación por parte dos gandeiros e gandeiras das condicións impostas pola industria.

Con esta situación, pódese observar como o futuro do sector lácteo vai ser deseñado polas industrias, chegando a decidir onde se vai a producir, a que prezos, que cantidade, que explotacións quedaran sen poder vendelo leite e ademais, sempre garantindo uns beneficios empresariais, aínda que sexa a conta de apertar mais os produtores e produtoras. En datas pasadas as industrias falaban de tomar como referencia o prezo do leite en Francia, para chegar a acordos entre as partes no estado español. A dia de hoxe o prezo do leite en Francia é superior en 3 cts. o prezo que se paga aquí.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo