A Fundación TIC emitirá en streaming o V Concurso Lucus Intercentros

A Fundación TIC, dependente da Deputación, emitirá en directo a través de internet o V Concurso Lucus Intercentros, que se celebra este venres, día 15 de abril, ás 11:00 horas, no IES Muralla Romana. No concurso de preguntas e respostas participan estudantes de primeiro curso de Bacharelato de sete institutos da capital. O certame está organizado por alumnos de Administración e Xestión do Muralla Romana, coa achega do departamento de Informática, do CIFP Politécnico de Lugo, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e da Escola de Imaxe e Son de Lugo, EIS.

Un equipo de bolseiros e técnicos da TIC empregará catro cámaras e todo o material preciso para a transmisión vía streaming. As persoas interesadas en seguir o evento en tempo real só teñen que premer sobre o banner que aparecerá  nas web da TIC www.fundaciontic.org e do IES Muralla Roma www.edu.xunta.es/centros/iesmurallaromana/

Ademais, os alumnos e profesores dos institutos participantes poderán seguir a evolución da competición desde as aulas. Posteriormente, coas imaxes gravadas, os estudantes da EIS editarán un DVD que se entregará aos centros educativos da capital co fin de divulgar esta actividade.

Probas eliminatorias

O concurso desenvolverase ao longo da mañá do venres con  probas eliminatorias. Cada centro presenta un equipo formado por 3 alumnos, que se someterán a unha decena de preguntas de cultura xeral elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do Muralla Romana. As cuestións tipo test e as respostas realízanse a través de ordenadores.

Ao remate, haberá  entrega de premios aos gañadores. Os equipos que se clasifiquen nos tres primeiros postos recibirán unha tableta para cada un dos seus membros, o cuarto uns altofalantes, e haberá un accésit dotado cunha batería portátil.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com