Fundación Uxío Novoneyra, a entidade que máis proxectos europeos desenvolve en Galicia

A titular de cultura na Deputación informou hoxe que a colaboración do Excutivo Provincial fixo que a Fundación Uxío Novoneyra se convertese na entidade cultural que máis proxectos europeos desenvolve en Galicia. Fíxoo nun encontro co Xerente da Fundación, Uxío Novo Rey, no que deron conta das actividades que dita asociación desenvolveu durante este ano, financiadas con 20.000 euros da Deputación, e nas que participaron de xeito gratuíto unhas 1.500 persoas.

A deputada explicou que “grazas a esta colaboración da Deputación, a Fundación puido desenvolver durante o 2018 ducias de actividades de carácter cultural coas que dinamizar a nosa provincia. De feito, puidéronse levar a cabo obras de mantemento e mellora na casa-museo do poeta, ademais de poñer en marcha proxectos de innovación cultural como o Creative Europe SILO (Operacións Literarias Socialmente Inclusivas), que conta con financiación europea, un programa que durará tres anos e levará a literatura a pequenos núcleos rurais da provincia”.

Ademais, tamén se celebrou o IV Festival dos Eidos, en Folgoso do Courel “unha iniciativa de ocio pero tamén formativa. Trátase dunha liña de traballo compartida con outros proxectos por toda Europa, a través da rede LITFEST, que nos sitúa na vangarda social e da creatividade no continente” destacou.

Novo Rey, que agradeceu a constante colaboración do Goberno da Deputación coa fundación, puxo como exemplo o “éxito do Festival dos Eidos”, no que participaron ao redor dun milleiro de persoas. Ademais, a importancia e calidade deste evento a nivel cultural, atraeu a máis dun cento de profesionais que se achegaron a desfrutar desta iniciativa de promoción literaria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com