Galicia Sempre aposta pola gratuidade do servizo Zona ORA

A formación municipal Galicia Sempre propuxo esta mañá a gratuidade do servizo de estacionamento Zona ORA. A súa candidata á alcaldía, Carmen González, explicou esta liña do seu programa que propón unha organización dual deste sistema. Por unha parte, os estacionamentos de duración corta, menos dunha hora e, polo outro estacionamentos de duración intermedia, nos que o vehículo permanecería aparcado entre unha e catro horas.
Cunha demarcación concreta para cada tipo de estacionamento e, explican, consultando cos técnicos adecuados, Galicia Sempre propón un sistema de control mediante coche-cámara, que detecte as matrículas dos vehículos estacionados.
A formación pretende con isto evitar aqueles estacionamentos de días ou semanas en prazas céntricas da cidade, que dificultan enormemente a fluidez dos usuarios que precisan de estacionamento para actividades económicas ou xestións administrativas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo