A Garda Civil de Lugo dedicou 88 horas á vixilancia en vías ciclistas protexidas

Dentro da campaña de vixilancia das rutas ciclistas protexidas, o Subsector da Garda Civil de Tráfico de Lugo,  desenvolveu un plan específico para este tipo de rutas.
O denominado Plan para a Protección de Ciclistas (Rutas Ciclistas Protexidas), no que ao mes de febreiro de 2018 refírese, levou a utilización dun total de 15 patrullas cunha dedicación total de 88 horas de servizo de vixilancia dos tramos da estrada N-547 (Lugo-Santiago) do P. K. 31 ao 42.6, da estrada LU-633 (Pedrafita-Alto do Hospital), entre os PK. s 0 ao 83 e da estrada LU-861 (Vilalba- Cabreiros) do P. k. 0 ao P. K. 20.900.
Como consecuencia destes servizos, a Garda Civil formulou 38 denuncias por excesos de velocidade e produciuse un único accidente con catro feridos leves, non estando implicado no mesmo ciclista algún. O Plan ten unha vixencia permanente e indefinida e conleva o despregamento dun maior número de efectivos humanos e materiais nos diferentes tramos cualificados como seguros; entre estes, cabe sinalar, a patrullas ordinarias, vehículos de verificación de velocidade, patrullas de verificación de alcol e drogas e o helicóptero da DXT.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo