A Garda Civil investiga a un lucense por un delito de incitación ao odio ocurrido durante un partido de fútbol

A Garda Civil de Lugo, no marco da operación Hated, tomoulle declaración como investigadona mañá de hoce a un veciño de Monforte de Lemos, de 55 anos de idade, imputándolle un delito de incitación ao odio. Os feitos ocorreron no campo de fútbol de A Poste (Rubián) o pasado 3 de abril, nun partido de segunda división Autonómica que enfrontaba ao Rubián e ao Sober.

O árbitro do encontro, un rapaz de orixe arxelino, viuse na obriga de entrevistarse co delegado de campo en varias ocasións porque un afeccionado discutía continuamente as súas decisións con insultos e expresións racistas. Finalmente, observando que a actitude do autor dos feitos non cesaba, o árbitro tomou a decisión de suspender o encontro no minuto 74 e solicitar a presencia da Garda Civil.

 

 

Os axentes tomaron declaración a testemuñas do sucedido e valorou a gravidade e o compoñente discriminatorio das expresións realizadas polo autor dos feiros e tomou a decisión final de consideralo autor dun delito de incitación ao odio. A Garda Civil vén colaborando activamente coa Fiscalía Provincial de Lugo para a erradicación das condutas de odio e ten especial interese en perseguir a vulneración das normas legais sobre discriminación.

 

O delito de incitación ao odio, regulado no artigo 510 do Código Penal, pode acarrear penas de prisión de un a catro anos e unha multa de seis a doce meses.

 

Noutro orde, os axentes da Garda Civil imputaron en calidade de investigado, ás 17.30 horas de onte na localidade de Sarria (Lugo) a un veciño de Láncara, de 81 anos como suposto autor de delitos de danos en vehículos. Os danos se acometeron durante os meses de febreiro e marzo en dez vehículos que se atopaban estacionados no lugar de Outarela, no termo municipal de Sarria.

Asemade, a Garda Civil detivo tamén a un un veción de Recimil, Guitiriz (Lugo), de 48 anos de idade como presunto autor dun delito de ameazas cun machete e unha maza. O detido e os oxectos intervidos polos axentes foron postos a disposición xudicial.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com