" />

A Garda pretoriana camiña a Compostela

A Garda Pretoriana recorrerá o camiño en 5 etapas, chegando á Praza do Obradoiro o martes, 17 de maio, ás 12:00 horas. A primeira delas será de Lugo a Ferreira, a segunda, de Ferreira a Boente, a terceira de Boente a Pedrouzo e a cuarta de Pedrouzo ao Monte do Gozo.

Durante o camiño os membros da Garda Pretoriana irán caracterizados de romanos, entrando en formación en Santiago.  Os pretorianos partiron onte da Praza Pío XXI para realizar o Camiño de Santiago e promover ao mesmo tempo o Arde Lvcvs. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral, posta en marcha polo Concello, en colaboración coas asociacións de recreación histórica da cidade, para quentar motores para o Arde Lvcvs, que terá lugar do 16 ao 19 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo