Gimnasio Fitsa CB Sarria, campión da Primeira División Autonómica Feminina

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Mico, entregou onte en Sarria ao Club Baloncesto Sarria o Trofeo de Campión Galego da categoría Senior Autonómica Feminina, acadado polo equipo Gimnasio Fitsa CB Sarria. Igualmente, as doce xogadoras e a súa adestradora recibiron medallas individualizadas cada unha delas.

Gimnasio Fitsa CB Sarria, que xogaba no Novo Pavillón do Chanto o derradeiro encontro da tempada ante Calasancias Coruña (con vitoria para as amarelas por 67-38), acadou o título absoluto fai tres semanas, despois de derrotar un decisivo encontro a La Salle Santiago e pechar así unha moi brillante tempada. Dito logro permítelle ao equipo sarriao xogar a vindeira tempada a nivel nacional.

Gimmasio Fitsa CB Sarria tivo como adestradora a Maisa López Rodríguez. A súa plantilla estivo formada por Sara Corredoira, Clara López, Uxía Fernández, Ariadna González, Alicia Lombardía, Almudena Puente, Rebeca Díaz, Iris Palmeiro, Silvia Montes, Dorinda Torres, Zeltia Presas e Alessandra Ghisleni. Os xogadores e as xogadoras da categoría benxamín e alevín masculino e feminino do CB Sarria formaron un pasillo ás xogadoras senior no momento de recibir os mencionados galardóns ao remate do encontro. O acto contou igualmente co presencia do deputado provincial Pablo Rivera Capón, a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e os concelleiros sarriaos Efrén Castro Caloto e Diego López, que foron repartindo as medallas ás campioas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo