O Goberno aproba as bases específicas para o acceso a 39 prazas de emprego público

Xornada de Xunta de Goberno hoxe no Concello de Lugo no que se aprobaron as bases para a o acceso a 39 novos postos de emprego público municipal tanto en quenda libre como en quenda de promoción interna ou en consolidación de emprego temporal. Entre esta oferta pública de emprego pódense atopar 12 prazas para bombeiros condutores en quenda libre, oito prazas de administrativo en quenda de promoción interna ou catro de oficial maquinista fontaneiro en quenda de consolidación de emprego temporal pertencente ao cadro de persoal laboral entre outras moitas.

Así o informou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen tamén anunciou a aprobación das bases xerais reguladoras da concesión de subvencións para alugamento de vivendas en Lugo para o exercicio económico 2017, ás que se destinarán un total de 150.000 euros, e que tramitará a Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA). Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas arrendatarias de vivendas que vivan soas ou formen parte dunha unidade de convivencia, con contratos de arrendamento vixentes na data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

Asemade, na sesión de hoxe, aprobáronse os pregos e a apertura do procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de pezas de vestiario de uniforme para a Policía Local. O prezo de licitación é de 49.821,75 euros e establécense uns prazos de subministración da totalidade das pezas de vestiario de uniforme, así como as características da tea das prendas e outros compoñentes que teñen que reunir as mesmas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com