González Formoso insta a “unir dentro do PSdeG para sumar fóra”

Valentín González Formoso expresou hoxe a necesidade de “unir dentro do PSdeG para sumar fóra” e afirmou que “a candidatura que eu represento o ten claro, así o levamos facendo desde que nos incorporamos ao servizo público da política e así seguiremos, levamos este estilo no ADN”.

Formoso destacou que “a militancia está reclamando un liderado que sume e que una ao PSdeG” e transmitiu unha mensaxe “positiva” para poñer en valor o proceso de Primarias á Secretaría Xeral do partido, que está a levar “con absoluta normalidade” e do que cree que “debe confrontar proxectos, non persoas”. “Pola miña parte nunca escoitaredes crítica fóra dos órganos do partido, nunca o fixen, nunca o farei e menos a un compañeiro”, subliñou.

O candidato continuará esta tarde a súa axenda de encontros coa militancia por toda Galicia, que o levará a Ribadavia (19 horas, Igrexa da Madalena) no que será a súa primeira visita en campaña á provincia de Ourense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com