" />

Gonzalo Caballero compromete un mapa de servizos públicos básicos

O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, inaugurou hoxe unha nova xornada do IdeaGaliciaLab que nesta ocasión levou a Lugo o reto demográfico e as políticas públicas que se deben poñer en marcha para paliar a situación, e formulou medidas concretas neste senso, como a creación dun mapa de servizos básicos para toda a poboación, “viva onde viva”.

Centrouse Gonzalo Caballero, en compañía do presidente de Asturias, Adrián Barbón, na importancia de ter “políticas activas de emprego, de política social e de vertebración territorial nunha comunidade que presenta os peores datos demográficos de España” , morren dúas persoas por cada unha que nace, subliñou.

“Por que en España se pode crear emprego e en Galicia non?”, inquiriu o candidato socialista, Ao tempo que apuntaba que “hai máis paro de longa duración, máis fogares con todos os seus membros en paro e menos oportunidades para a xuventude”.

Por iso, Gonzalo Caballero propuxo “cambiar a política de Feijóo en materia de emprego, porque foi un desastre”, apostando polo rural e pola diversificación da actividade económica. Do mesmo xeito, chamou “a poñer fin á política de recortes nos servizos públicos levada adiante polo PP dende a Xunta, toda vez que pechar escolas e centros sanitarios impide que a xente quede a vivir no rural e que decida ter descendencia”.

A maiores, o candidato socialista garantiu a creación dunha axencia de desenvolvemento rural e o reto demográfico que dependerá da Presidencia da Xunta e que servirá como “garantía da defensa dos dereitos do rural”, posto que avaliará o impacto neste eido das medidas do goberno. “Non podería haber unha decisión como a do peche do paridoiro de Verín”, exemplificou Gonzalo Caballero.

En paralelo, a secretaria provincial do PSOE de Lugo, Patricia Otero, sinalou que a súa é “unha das provincias máis abandonadas por Feijóo”, quen “non fixo nada” a pesares dos seus “eslóganes publicitarios”.

E, ante o baleirado do medio rural, subliñou que cómpre tomar medidas que contribúan a estimular a creación de emprego, que supoñan poder contar con “servizos públicos de calidade” e coas infraestruturas axeitadas. “Pero o PP non aposta por isto”, lamentou, para recriminar a Feijóo a falla de prazas públicas para maiores e os recortes en escolas infantís e centros médicos.

Pola súa banda, a coordinadora de IdeaGaliciaLab, Noelia Otero, puxo o foco no “grande problema” que constitúe a caída da natalidade e lamentou “a desatención absoluta” do goberno do PP de Feijóo desta cuestión.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Mar 03, 2020 - 12:14 PM

    Tatarata…………. O de sempre

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo