" />

Guitiriz acolle, grazas a Afundación, a mostra ‘Nós tamén fomos emigrantes’

A Casa Habanera de Guitiriz acollerá mañá, mércores 13 de febreiro, ás 12.30 h, a inauguración da exposición Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX. Esta iniciativa é posible grazas á colaboración entre o Concello de Guitiriz, ABANCA e Afundación, institucións que estarán representadas no acto, que contará cunha visita guiada á que asistirán estudantes do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é o de tratar de achegar ao público esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. A mostra permanecerá exposta a partir de mañá ata o 10 de marzo, e poderase visitar de luns a venres en horario de 11.30 a 14.00 h agás os xoves, de 17.00 a 19.00 h, e os sábados de 12.00 a 14.00 h.

Esta colaboración é parte do proxecto Corrente Cultural, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo