" />

Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado

Alfonso Blanco Torrado, Presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel  María da Terra Chá, levaba tempo traballando para homenaxear a “Os da Lexía”, os irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz.

Arredado momentáneamente da actividade diaria por problemas de saúde, os membros de Xermolos e varios amigos de Alfonso Blanco están a continuar con esta iniciativa, ampliando o obxecto de maneira que sexa a homenaxe prevista na liña da recuperación da  memoria histórica, pero tamén unha homenaxe a Alfonso, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

Por iso, o próximo 8 de xullo, en Santa Mariña de Guitiriz, ás 12 da mañán, vaise erixir un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade – “Os da lexía” e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas patronais da localidade.

O monolito é una obra do escultor Valdi – Xosé Val Díaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo