Hoxe 14 de abril Día da República

Para celebrar o Día da República a agrupación comarcal de Esquerda Unida en Lugo iluminou á media noite a Muralla coas cores da bandeira republicana. O lema escollido este ano por Esquerda Unida para a exaltación  do 14 de abril é “A República quere saír das pedras e vivir na accíón política cotiá”. Con esta acto queren “manifestar que a II República non debe recluírse nunha memoria pétrea e sacralizada, senón que rememorala debe significar o recoñecemento da vixencia dos seus valores e experiencias no traballo político que fagamos a diario”, apuntou Isabel Sánchez, coordinadora comarcal de Esquerda Unida.

 Para EU, “unha esquerda rupturista e transformadora digna dese nome debe defender os valores republicanos con ética e honestidade e traballar pola Terceira República dende a acción política cotiá, coa defensa dos dereitos da clase traballadora, a loita contra a explotación e a desigualdade e a procura da emancipación”. “Cómpre valentía e dicir que non queremos un novo sartego para a República. Cómpre rachar coa falacia do-non é o momento- para facer pedagoxía e avanzarmos na realización dun referendo en que se cuestione o modelo de estado e de goberno”, afirma Isabel Sánchez. “É posible ser de esquerdas baixo o paraugas imposto dunha monarquía? Nós dicimos que si, sempre e cando se faga da loita pola chegada da Terceira República un dos alicerces ideolóxicos do traballo político”. O ditador Franco sabía moi ben que “para crear a súa España tiña que extirpar o cancro da República porque era un axente que envelenaba as mentes das persoas”.” Franco sabía que ser republicano era ser de esquerdas. Hoxe, cando son evidentes os riscos do capitalismo neoliberal, a asociación entre esquerda e República é máis necesaria que nunca”, rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com