Hoxe cómprense dúas semanas de folga das traballadoras de Linorsa

No día de hoxe as traballadoras da empresa de servizos Linorsa realizaron unha caravana de coches desde a Residencia de Maiores das Gándaras ate o Edificio Administrativo da Xunta, para denunciar na situación na que se atopan.

Asemade na tarde de onte as traballadoras de Linorsa realizaron unha asemblea na que “acordaron suspender a folga nos centros dependentes da Consellería de Política Social, toda vez que esta Consellería procedeu ao inicio de procedemento de resolución dos contratos que mantiña coa empresa Linorsa”.

As representantes das traballadoras informaron que, “tras unha reunión co Administrador, informóusenos que tras un auto do xuíz, as contas de Linorsa foran desbloqueadas, polo que adquiriu o compromiso de que na semana que ven procedería a facer pagamento de salarios á plantilla”.

Tamén hoxe á mañá o comité de folga mantivo unha reunión co Director Provincial do Sergas para “esixirlle que  iniciara o procedemento de resolución do contrato coa empresa, ao igual que fixo a Consellería de Política Social, ou o propio Sergas na Provincia de Pontevedra”.

Para rematar as representantes declararon que “haberá presenza continua de piquetes na dirección provincial do Sergas, onde se ten detectado a presenza de persoas alleas ao persoal de limpeza realizando tarefas de limpeza, no que claramente é un acto de vulneración do dereito de folga, razón pola cal desde as centrais sindicais (CIG, CCOO e UGT) con presenza no comité de Folga estamos a estudar iniciar as accións legais pertinentes contra as persoas que están a vulnerar o dereito de Folga das traballadoras.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com