A Comisión de Patrimonio vén de autorizar o proxecto técnico presentado polo Concello para realizar o acondicionamento dunha parcela de titularidade municipal, que se atopa no contorno de protección da necrópole megalítica do Monte de San Cibrao, cunha superficie de 25.280 metros cadrados e situada fronte á entrada principal do HULA.
Dito proxecto acometerase en varias fases e permitirá crear unhas 330 prazas de aparcamento. A entidade local xa desbrozou a zona para proceder ao movemento de terras e explanar o terreo.