O I Foro do Tenis Galego conta xa cun centenar de inscritos

Máis dun centenar de persoas xa se inscribiron para participar no I Foro do Tenis Galego promovido polo Goberno da Deputación e Concello de Lugo, en colaboración coa Federación Galega de Tenis, cunha achega de 3.500 euros. Trátase do coloquio, totalmente gratuíto, que reunirá a destacados xogadores, adestradores, médicos ou presidentes de federacións e clubs de tenis de talla nacional e internacional o sábado, 14 de outubro, no Salón de Actos de San Marcos, e xornada práctica de tarde, nas instalacións do Club Deportivo D10.

As inscricións continúan abertas ata completar as 165 prazas que se ofertan, totalmente de balde. Os interesados en participar poden enviar os seus datos persoais e enderezo electrónico a info@fgtenis.net ou no 986 21 29 82.

Por primeira vez, a cidade de Lugo acollerá un foro tenístico desta magnitude, no que todos os seguidores deste deporte e os veciños da provincia en xeral poderán gozar, de xeito totalmente gratuíto, tanto das ponencias que se celebrarán no salón de actos do Pazo de San Marcos, como das exhibicións que se celebrarán no Club D10 destes deportistas da primeira liña do tenis mundial.

Esta xornada, organizada pola Federación Galega de Tenis co apoio da Deputación e do Concello de Lugo, contará coa presenza dos ex xogadores profesionais Alberto Berasategui, Javier Sánchez Vicario, o lucense Óscar Burrieza ou o Xefe dos servizos médicos da RFET e médico persoal de Rafael Nadal, Ángel Ruiz Cotorro, entre outros moitos profesionais deste deporte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com