Inaugúrase no Incio a exposición itinerante de Walter Ebeling

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro,  presentaron este mércores a exposición itinerante de Walter Ebeling no concello do Incio.

Nesta colección promovida pola área de Cultura da Deputación de Lugo e pola Rede Museística Provincial amósanse fotografías do investigador e filósofo alemán durante o seu traballo de etnolingüística en Lugo entre 1928 3 1933.

A mostra é totalmente gratuíta e estará dispoñible ata o 1 de setembro. Os horarios son de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo