Instalada unha estatua de Castelao na rúa da Raiña

A estatua de Daniel Rodríguez Castelao que ficou instalada hoxe, sitúase na rúa da Raíña, fronte ao Hotel Méndez Núñez. Este homenaxe realízase por mor de cumprirse os 100 anos da revista NóS.

Neste establecemento hoteleiro celebrouse a 1ª Asemblea Nazonalista , á que asistiu o insigne rianxeiro. Nesta Primeira Asemblea Nazonalista, celebrada en 1918 tivo un protagonismo especial o egreixo político vilalbés Lois Peña Novo, quen redactou o Programa das Irmandades da Fala aprobado nesta Asemblea que, entre outros puntos, recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de homes e mulleres.

Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido polo concello da Coruña nos comicios celebrados en febreiro de 1920. Coidamos que Peña Novo, pola súa traxectoria na defensa dos dereitos nacionais do noso país, dos dereitos da muller e como lugués,  tamén deberá contar no futuro cunha homenaxe como se lle está a facer ao grande político e intelectual de Rianxo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com