O concello instala os primeiros colectores adaptados a persoas con mobilidade reducida

Lugo xa conta cos primeiros colectores adaptados a persoas con mobilidade reducida en diferentes puntos da cidade. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, superviou a súa instalación no barrio de Fontiñas acompañado do presidente da asociación AUXILIA, Aquilino González. En total colocáronse 4 colectores, uns con sistema de oco e outros con sistema de palanca, distribuídos en función das necesidades existentes que lle foron trasladadas ao Gabinete Municipal de Accesibilidade polo colectivo AUXILIA. Deste xeito, a entidade local instalou estes colectores na rúa Leiras Pulpeiro, a carón da Casa Domótica, na rúa Alfredo Brañas, ao lado do centro de ASPACE, na rúa Vázquez Seijas e en Fontiñas, á altura do número 95. Queda pendente a instalación doutro colector, tal e como acordara o Gabinete de Accesibilidade do pasado mes de marzo. O mobiliario instalado, de 3.200 quilos de capacidade, dispón ademais de identificación en linguaxe braile.

Piñeiro, anunciou que se instalarán máis colectores deste tipo na medida do posible, e declarou que esta iniciativa “enmárcase dentro da aposta do Concello por continuar reducindo as barreiras arquitectónicas que existen na cidade e favorecer a accesilidade universal”. Neste caso trátase de minimizar os problemas que as persoas con mobilidade reducida poidan ter á hora de depositar o lixo nos colectores.

O Concello ten aprobada a Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas e coa que se puxo en marcha un Gabinete Municipal de Accesibilidade, que nos últimos anos permitiu actuar con eficacia para eliminar as barreiras arquitectónicas e adaptar a cidade a todos aquelas persoas que viven ou visitan o municipio, iniciativas que permitiron que Lugo acadara os premios Reina Sofía de Accesibilidade Universal ou ao mellor destino turístico accesible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com