O Instituto Galego do Viño e Afundación arrancan en Lugo o Curso de Cultura do Viño

Afundación, a Obra Social de ABANCA, e o Instituto Galego do Viño continúan coa súa programación formativa sobre cultura e cata de viño na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16), unha proposta coordinada polo catador e
director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

Mañá, martes 6 de marzo, comezará o curso Certificado en cultura do viño nivel II – Viños de España e Portugal dirixido a afeccionados e profesionais de adegas e do ámbito da hostalería que realizasen previamente algún estudo ou formación relacionada co viño, especialmente aos alumnos que xa obtivesen a Certificación de Nivel Básico.

Así, profundarán nas técnicas de viticultura e enoloxía, no coñecemento de variedades de uvas adicionais, iniciaranse no coñecemento da xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal e adestrarán as súas habilidades de cata.

O curso celebrarase os martes 6, 13 e 20 de marzo e o 3 de abril en horario de 19.00 a 21.30 h e será impartido pola catadora Isabel Lozano, Juan José Figueroa, titor e responsable técnico do Curso Superior de Catador Profesional do Instituto Galego do Viño, e polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo