" />

Interior confirma a Barreiro que se construirá unha nova comisaría nos terreos do Xeral

O Ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, confirmou hoxe no Senado que “se construirá unha nova Comisaría nos terreos do antigo hospital de Lugo, no barrio da Residencia. Zoido afirmou que o seu Ministerio traballa coa Xunta para coordinar o programa de actuacións”. O Ministro fixo declaracións en resposta a unha pregunta do portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, quen se interesou polo estado das negociacións para que dita infraestrutura sexa “unha realidade en Lugo canto antes”.

Na súa intervención, Zoido recoñeceu que a construción dunha nova comisaría en Lugo é “unha necesidade xa que a actual está obsoleta, necesita unha rehabilitación integral e ten unha superficie escasa. O Ministerio explicou, en resposta á pregunta de Barreiro, que os terreos adecuados para a construción do novo edificio, por localización e por extensión, son os do antigo hospital, no barrio lucense da Residencia”.
O ministro explicou que o primeiro paso xa o deu a Xunta “ao implementar un plan para revitalizar por completo o barrio”., ademais explicou a José Manuel Barreiro que “actualmente o seu departamento está a traballar co goberno autonómico para decidir a localización exacta da comisaría na parcela do antigo hospital e que, unha vez que isto estea definido, sacarase a concurso a licitación e darán comezo as obras”. Barreiro dixo que é consciente da “sensibilidade do Ministerio cara ás necesidades das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado” e lembrou que revitalizar o barrio da Residencia foi o seu empeño e o de todo o PP de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo