Investigado por atropelar a dúas mulleres e ausentarse do lugar

A Garda Civil investiga a un varón de 41 anos e veciño de Burela por atropelar a dúas mulleres, unha delas menor de idade, e darse á fuga a pasada madrugada no Vicedo. Os feitos tiveron lugar ás 05.45 horas do 1 de outubro no punto quilométrico 0.500 da estrada que une Mosteiro e San Roque. As mulleres atropeladas, de 43 e 16 anos, resultaron feridas, unha delas de gravidade.

O condutor, unha vez causado o atrpelo ausentouse do lugar sen atender ás vítimas, sufrindo, posteriormente un segundo accidente, saíndose da vía o vehículo que manexaba no termo municipal de Mañón (A Coruña) e sufrindo o vehículo danos materiales de gran consideración.

Unha vez realizada as probas de alcolemia, o condutor arroxou un resultado positivo en dúas probas con resultados de 0.54 e 0.54 mlgs/l e pasou á condición de investigado.

Conducción sen permiso

E noutro senso, a Garda Civil de Lugo investiga tamén a un pai e un fillo por conducir sen permiso un ciclomotor. Os feitos ocorreron ás sete da tarde de onte, na LU-546, entre Nadela e Monforte, no termo municipal do Corgo cando unha patrulla de Tráfico observou a circulación en fila de dous ciclomotores.

Os axentes detiveron a marcha de ambos condutores e solicitáronlles a documentación, puidendo constartar que, o segundo deles, fillo do que circulaba en primeiro lugar, carecía do permiso necesario para conducir ese vehículo. Asemade, o ciclomotor carecía de seguro e placas de matrícula. O pai corroborou os feitos e confirmou que o neno tiña 15 anos de idade.

Ambos pasaron á condición de investigados, o menor como presunto autor dun delito contra a Seguridade Vial e o pai como colaborador necesario por coñecer que o sseu  fillo carecía de permiso e non adoptar as medidas precisas para que non manexase o vehículo. Estos feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com